miércoles, 27 de enero de 2010

ANIMACIÓN


Un acerto a nova modalidade de presentación, fai que os espectadores centren máis a súa atención no contido que cando presentamos de forma oral, con powerpoint, exemplos materiais etc porque unhas partes poden restarlle importancia ás outras.
De certo xeito isto tamén aconteceu nesta presentación co problema do son. Era imposible obviar o fallo. Pero ser as innovadoras neste terreo das exposición permítevos "a licenza" de levar estes alagos a pesar diso.

Un repaso pola historia da animación:
- debuxos animados
- stop-motion
- e debuxos en 3D

Non tivo que ser fácil comprimir todo iso en 40 minutos pero iso pasounos a todos. Ata o tema máis sinxelo se pode facer inmenso unha vez que se comeza a profuncizar nel. Chega un momento que todo parece imprescindible.

Dicir que Walt Disney marcou o patrón, sen dúbida. Igual que un día falabamos na clase que grazas ao Xabarín Clube hoxe non somos capaces de ver debuxos como Sinchan, Doraemon, Chicho-terremono ... (agora son os que se me veñen á cabeza) en castelán (porque o Xabarín gravou na nosas mentes ese debuxos un galego), Walt Disney marcou a estética dos contos clásicos. Blancaneves non é Blancaneves senón é de Disney. Se non me credes ide aos chinos ou a unha tenda de cadena 100, que soe haber estes contos e mirade os debuxos... se non fisicamente como os de Disney, seguramente non vos parecerán bos e os desprecedes ao momento, sen pensar.

Estoume acordando agora da Barbie e da Nançy. NON SON IGUAIS!!!

Volvendo ao tema! o Stop-motion de Raquel imprescindible. É unha técnica que dá moitísimo traballo, pero curiosa.

E por último a animación en 3D. Recente pero que promete grandes éxitos. Sobre todo en Galicia. Algo disto apuntaron tamén as nosas compañeiras.

Por certo ¿recordades cando fomos con Loureda o ano pasado a TVG? Agora mesmo hai dúas figuras do xabarín expostas xunta a cafetería. O seu deseño tivo que modificarse xa que o 1º era demasiado detallado e por tanto máis difícil de reprocudir/debuxar sucesivamente. Os tempo esixían unha maior simplicación do animal.

AFÍLIATE

9 comentarios:

  1. Quedamos definitivamente o mércores 7 de abril, a partir das 16:30 para, en primeiro lugar, subir os proxectos ó servidor e, a continuación, facer a presentación da páxina: que fixestedes, cómo a fixestedes, por qué a fixestedes e dificultades. Unha breve presentación para que despois se poidan avaliar cada proxecto individualmente (nada de grupo).
    Tampouco vou esquecer revisar os blogs e ver se fustedes incorporando os resumos de cada exposición.
    As titorías neste cuadrimestre son: martes, de 18:00 a 20:30 e mércores, de 10:30 a 14:00 horas.
    Lembrade tamén de usar o meu correo electrónico, e o de Fran para dúbidas sobre flash.
    Os días 8, 9, 10, 15, 16 e 17 polas tardes, Fran andará (bó os dous) pola Facultade.
    Se precisades que quedemos nalgún momento algunha clase máis, non habería problema. só temos que poñernos dacordo todos e todas.
    ánimo
    marotlo, (23/02/10)

    ResponderEliminar
  2. Último e definitivo cambio.
    Cita: luns, día 12 de abril, ás 16:30, na AI6.
    Programa de festas:
    1. subir os proxectos ó servidor
    2. facer a presentación da páxina (que fixestedes, cómo a fixestedes, por qué a fixestedes e dificultades). Unha breve presentación o magnífico traballo realizado (para un sobresaliente)
    3. avaliar cada proxecto individualmente e poñendo unha nota real, non de amigos.
    marotlo (25/2/10)

    ResponderEliminar
  3. En total, existen 14 blogs na clase, ¿faltan os enderezos???????
    marotlo

    ResponderEliminar
  4. Quero que nos vexamos como mínimo 4 veces, antes da entraga do proxecto, para que me comentedes como vai o traballo. En titorías ou noutro momento que estea pola facultade e non teña clase. Podemos fixar as citas a través do correo electrónico.
    marotlo

    ResponderEliminar
  5. Estamos totalmente de acordo en que nada sería o mesmo se non fora polas animacións de Disney a verdade e que foron debuxos que marcaron a nosa infancia e que podemos volvelos a ver agora e seguir desfrutando como pequechos vendo esas películas.
    Pero tamén é certo que a factoría Warner non se queda atrás, pero... sexamos realistas... ¿cantas pelis de animación Warner temos nas nosas casas e cantas de Disney?

    ResponderEliminar
  6. Pues la verdad es que creo que tengo más en casa de Disney q de Warner...:). Gracias Yogurines!:)

    ResponderEliminar
  7. son duas visions totalmente diferentes e que creo, traballan eidos que se cpmplementan bastante ben. opinamos que warner quizais dispoña de mais versatilidade pero a unidade e potencial de disney fai que, efectivamente, como dicides, sexa o rei da FESTA

    ResponderEliminar
  8. Antes de dar paso ás calificacións, agradecervos o voso esforzo, o voso traballo e a vosa paciencia, aínda que sempre hai algunha persoa que destaca por todo o contrario.
    En liñas xerais, os proxectos esixíronvos ideas, tempo e considerables enfrontamentos cos programas. Por suposto, tamén aquí hai graos a pesar de que se supuña que eran traballos en equipos. Non todos os mebmros dos equipos responden da mesma maneira. Pero isto tamén se percebe.
    Moitas grazas pola vosa colaboración, obrigatoria, eso sí, pero colaboración e interese demostrado, ó fin e o cabo.
    En xeral, houbo dinamismo, creatividade e ganas de facelo ben.
    Só desexo que podades cumprir metas e obxectivos.
    marotlo

    ResponderEliminar
  9. Debido a ciertos problemas con la web SMDb, que mañana viernes, cuando volvamos a subirla, ya estarán solucionados, sus responsables os rogamos que consideréis para la valoración su versión definitiva, si no es demasiada molestia o ya la habéis publicado y pasais de cambiarla. Gracias de antemano.

    ResponderEliminar