viernes, 16 de abril de 2010

Opinión sobre as webs

1. FRIKISPORTS
En canto ó deseño, penso que resulta un pouco extravagante e que mestura demasiadas tipografías, colores e formas. Os contidos son curiosos e de fácil acceso, aínda que non entendo moi ben a relación entre deportes e mulleres semidesnudas.Un dos acertos da páxina é o foro,que permite a interactividade entre os visitantes da web. Outro aspecto nteresante é o test, xunto co banner animado que o anuncia.
Nota:6

2.BANG
Destacaría en primeiro lugar a coidada estética da páxina, tipo cine negro, aplicada ó detalle (os botóns en forma de pistola son un puntazo). Explora todas as categorías de interese referentes a unha película, ofréceas de maneira sinxela e moi accesible e ten un acabado crible e real. O trailer é impresionante!
Nota: 8

3.REVOLUCINE
O deseño do logotipo está moi traballado e transmite unha estética futurista, que se coida e mantén ó longo da páxina. REsulta unha páxina amena e acorde co contido, que é por outra parte ben orixinal. Mais quizais o deseño da web non estea moi traballado, xa que os contidos parecen flotar indiferenciadamente sobre o fondo.
Nota: 7

4.MALDIA
Páxina de acabado profesional, con estética moi coidada e completamente acorde co estilo do grupo. Acertado uso das tipografías, as cores e os botóns,que fan a navegación moi fácil e mostran os aspectos máis relevantes acerca de Maldia.
Nota: 8.5

5. ASTRESENPUNTO
A estética resume os gustos, personalidade e estilo das artistas.O obxectivo era acadar un estilo retro pero con tintes modernos para ofrecer unha imaxe actual e desenfadada. Destacaría o emprego de javascript para o motor de carga de imaxes, que dá un aspecto máis coidado. Quizais as tipografías dos textos poderían estar máis traballadas, así como a presentación das series de fotografías ou poemas, por exemplo.
Nota: 8.5

6.NEOTERISTAD
Páxina de aspecto esotérico, parece máis a web dunha astróloga ou dun tarot, e persoalmente non me dá moita confianza como axencia de publicidade. Porén, a combinación de cores é máis que acertada, e o diseño sobrio e accesible adáptase á funcionalidade da páxina e ós criterios da empresa. Os contidos están claramente organizados e son variados e pertinentes. A páxina de campañas e o deseño dos vídeos están moi ben.
Nota: 8

7.AS DE CORAZÓNS
É unha páxina fresca e orixinal, cuxo deseño reflicte o carácter do grupo e do tema que trata (o mundo do corazón). A este respecto, as tipografías están moi ben escollidas, ó igual que a súa combinación e deseño. Quizais os textos se lerían mellor cun fondo que destacase sobre o fondo branco da páxina, xa que ás veces se confunden e non é tan impactante visualmente. Os contidos vese que están moi traballados e rezuman ironía, humor e frescura. As seccións son moi orixinais,sobre todo Especial Cav (que ten pola contra und eseño algo caótico) e tanto o xogo como os vídeos están moi traballados.
Nota: 8

8.MADRESELVA
Esta, para min, foi a mellor páxina. De acabado completamente profesional, o deseño e estética están moi coidados, correspóndense coas características da empresa e resultan moi atractivos. Os contidos están moi ben expostos e son moi completos. Os banners animados son tamén impresionantes. Un proxecto coherente e redondo
Nota: 10

9.CHITA FAN CLUB
É unha páxina de deseño sinxelo e cores chillonas pero acordes co tema (a mona chita. Pode resultar mesmo demasiado sinxela e, en canto á distribución dos contidos, bótase en falta algunha táboa ou xustificar os textos. É simpatica a sección de curiosidades e a de Faite Fan.
Nota: 6'5

10.TRANSPORTES M.GESTEIRA
Trátase dunha páxina de aparencia profesional que denota uns grandes coñecementos e destreza no manexo de programas tan complicados como o flash, de feito sorprende que fose feita enteiramente nese programa. Ten un acabado impecable pero os contidos son un pouco escasos.
Nota: 8.5

11.DEPORTE NO ES SÓLO FÚTBOL
O deseño da páxina é algo caótico, ó igual que a estética, que resulta estravagante e demasiado colorida. Ás veces o fondo é máis grande que as tablas de contido e a resolución parece non ser a correcta. A navegación é fácil e moi sinela. Os contidos son moi orixinais e curiosos, hai que recoñecer o labor de investigación previa.
Nota: 6

12.MEQUETREFES
Ten un deseño moi orixinal cunha combinación de cores acertadísima. A distribución dos contidos é moi orixinal e fai uso de moitas cousas que vimos en clase. Está moi ben o dos menús despregables en cada botón de contidos, así como os perfís de cada un. Porén, non convence moito o uso dunha letra de cada tipografía nos botóns de navegación.
Nota: 8

13.SE TE VA LA OLLA
É unha páxina un pouco... lisérxica en canto á combinación de cores chillóns e ó deseño dos contidos. Os enlaces non funcionan, entón a exploración faise imposible nalgúns botóns. Penso que ese tipo de páxinas xa quedan un pouco desfasadas e non conectan co público obxectivo que pretenden.
Nota: 4

14.MASTERCAVS
O primeiro que destaca desta páxina é que ten uns contidos inmensos, froito dun esmerado traballo de recolección; ese é o seu forte. A estética é alegre, colorista, moi coidada, cambiante e personalizada. Ás veces a navegación faise algo confusa. O detalle das cartas, por exemplo, é moi orixinal, mais cumpriría algún nome explicativo de cada botón.
Nota: 8

15.SMDb
Estética que consegue acojonar, moi traballada. Moi orixinal situar os botóns na espalda do home como tatuaxes, e tamén moi efectivo. É unha páxina que consegue reunir e comprimir na mesma ventana distintos contidos sen ter que ir cambiando moito, o cal é un acerto. Moi orixinal o das flechas e os trailers das películas na pequena pantalla.
Nota: 8


Celia Parra

2 comentarios:

  1. Digamos que o deseño non é o punto forte da nosa páxina web, mentres que a estética non lle gusta a case ninguén polo que están comentando.

    A resolución tivemos algún problema con ela.

    En canto á navegación, tratábase de que fose sinxela para que non vos perdades, aínda que si pode ser un pouco simple. Os contidos penso que están ben buscados e organizados.

    D. Antonio, O Recuncho dos Lacazáns

    ResponderEliminar
  2. o da tipografia é algo que non tivo moito exito entre os compañeiros de clase, non nos demos conta cando estabamos a deseñalo, parecianos que lle daba un toque algo menos clasico á paxina
    alegrome de que en xeral che parecera atractiva

    PATRICIA COUCHEIRO

    ResponderEliminar