A exposición sobre propiedade intelectual serviu para finiquitar moitas dúbidas acerca dese tema tan polémico actualmente. Ante todo queremos agradecer a precisión con que definistes todos os termos, para despois exemplificalos e introducir críticas ó respecto. Quedou demostrado que posicións en contra da SGAE son perfecta e legalmente defendibles: así o proba o avogado David Bravo.
Por iso o realmente aterrador é o poder que organizacións como a SGAE teñen, xa que aspiran a cobrar dereitos por TODO, pola máis mínima actividade. Hai que ter en conta que, de entrada, a música asolaga a nosa vida. Vainos custar máis caro un corte de pelo porque na peluquería poñan os 40? O dentista cobraranos máis por sacarnos unha muela tendo en conta que na sala de espera ten a radio posta? Xa o planteamento da pregunta resulta surrealista.
En segundo lugar, dado que a cultura é algo beneficioso, saudable, útil e enriquecedor para a vida dos cidadáns, sería lóxico que esta estivera ó alcance de todos. É dicir, que non tiveran ningún atranco á hora de acceder a ela. Polo eufemismo de atranco enténdanse cartos. Suponse que nunha sociedade moderna a cultura debería ser de libre acceso, pois é algo que beneficia ós cidadáns. Mais aquí entran en xogo as regras comerciais de oferta, demanda e beneficio (para os produtores) e xorde o conflito. Os autores si que deberían recibir unha compensación polos produtos que elaboran, mais non da forma en que o plantea a SGAE.
Tal e como comentan os nosos compañeiros, cando alguén descarga algo (un CD, unha canción, unha película ou un libro) é porque lle gusta, e porque non pode afrontar os gastos de mercalo. Aquí a licencia Creative Commons é de moita utilidade. Existen plataformas web de difusión de cultura que empregan esta licenza, como a plataforma A Regueifa (www.aregueifa.net), da cal unha das 3 Marías se confesa admiradora e usuaria. É máis, AsTresEnPunto, como “artistas” que somos (pintora, fotógrafa e escritora) declarámonos a favor deste tipo de licencias. Hai que salientar que moitas veces a publicidade que se fai dunha obra en internet e mediante as descargas é moitísimo máis grande que a súa promoción con fins comerciais e posterior distribución en circuítos comerciais. Á ampla nómina de exemplos que o grupo do Cabalo Feliz achegou, engadimos o de películas como Paranormal Activity,que se lanzaron antes na rede, e con grande éxito.
Estamos en contra de que se criminalice ó cidadán facéndoo presunto culpable de delitos que cabe a posibilidade de que chegue a cometer (caso do Canon). Ese olvido da presunción de inocencia é, como sinalaron na exposición, un grave erro. Deberían adaptarse ós tempos que corren e deixar ese afán acaparador. Por último, e para lembrarvos que no fondo hai que tomarse as cousas con humor, deixámosvos coa parodia que o dúo Cruz y Raya fixo en fin de ano sobre a SGAE e os dereitos de autor.
http://www.youtube.com/watch?v=rfFxIwRd-XI
Actualmente xa hai moitos artistas que utilizan Internet como principal medio de promoción e mesmo algúns cantantes expoñen as súas cancións exclusivamente a través dunha web sen editalas en formato físico, e permiten que se descarguen as súas cancións de xeito gratuíto. Neste sentido, poderíase dicir que a SGAE quedou anclada no pasado, e non se dan conta das posibilidades que ofrece Internet máis alá da piratería.
ResponderEliminarDeixo o enlace dunha curiosa noticia na que se pon de manifesto ata onde poden chegar os despropósitos da SGAE:
http://www.marca.com/2010/02/02/futbol/mas_futbol/1265109166.html
O Recuncho dos Lacazáns
gracias por el enlace Borja!:)
ResponderEliminar