Non se pode negar que os temas da montaxe e do retoque fotográficos son moi polémicos e actuais. Hai que recoñecer por tanto que PATACA MINUTA tivo bo ollo neste aspecto.
AS TRES EN PUNTO, éticamente opinan que todo ten os seus límites, e no retoque fotográfico tamén. O malo é que para cada quen son diferentes.
Como ben dixeron os nosos compañeiros o retoque/montaxe fotográfico é tan vello como a fotografía mesma. Programas como photoshop o único que fan é mellorar as propiedades e facilitar o proceso de cambio( aínda que non sempre se lle dea este uso).
Hai certos aspectos como a modificación de luz, cor, enfoque...é dicir, características técnicas nas que a utilización deste tipo de programas nos parece correcta. Son modificación necesarias, que, en moitas ocasións serven para mellorar a estética da foto.
Fanse para conseguir efectos que na vida real non se poden lograr por varios motivos:
1. Non se poden lograr.
2.Non se saben facer ou como conseguir.
3. É máis doado facelo con photoshop, photoscape...
O problema está no momento en que ditas modificacións varían o contido ou as connotacións da imaxe.Por non dicir cando falsean por completo a realidade. Que enganen, que fagan creer o que non é. Iso é o que nos parece ilícito. Como dicía PATACA MINUTA "Tenemos derecho a saberlo".
Neste senso recordar a noticia que todos vimos este días sobre a falsa foto de Jose Luis Rodríguez, do lobo supostamente salvaxe. Neste caso non é retocada, pero si falseada. Gaña un concurso de animais salvaxes, cunha foto dun lobo domesticado.
Utilizar os programas de edición para facernos creer que as cousas son dunha forma cando non o son. É o mesmo.
Comentarios de webs de CAV's
Hace 14 años
ás tres en punto o recuncho dos lacazans está totalente de acordo con vós.
ResponderEliminarO equipo de Yogurt Parade estamos dacordo en que o retoque é preciso algunhas veces sempre e cando non fagamos crer o que non é ou fagamos novas persoas ou falsas realidades. Pero na súa xusta medida, queda ben e profesional.
ResponderEliminarYogurt Parade
Como complemento da opinión que expuxen no blog dos Lacazáns, quero dicir que o emprego do Photoshop e similares en fotografías como esta do lobo non me parece tan mal como en fotos de persoas, xa que, por exemplo, na imaxe de arriba, hai que recoñecer que a foto queda realmente bonita e que non parece falseada (como si se nota en moitas fotos retocadas de persoas). Neste caso concreto, a abundancia de Photoshop non lle resta naturalidade á foto, apenas se nota; polo tanto, opino que o Photoshop está ben aquí, neste caso. Non obstante, co que si non estou de acordo é co que fixo o autor desta imaxe (presentarse a un concurso facendo pasar o lobo domesticado por salvaxe).
ResponderEliminarGrazas ás Tres en Punto por facer esta aportación tan boa.
O Recuncho dos Lacazáns
Gracias por vuestro comentarios compañeros!... nada, sólo decir que en relación a lo que dice Borja de que si que está de acuerdo con el empleo del photoshop en la foto del lobo, aunque no con el fin con el que se emplea, a nosotras nos parece que aquí el uso es tan fraudulento como en cualquier fotografía donde salga una persona retocada. Es más! Incluso nos parece peor, porque en las revista ya sabemos que todo lo que se nos muestra en trampeado, falseado…sin embargo aquí eso no se dijo y se intentó lucrar de una fotografía completamente preparada…
ResponderEliminarEn cualquier caso es una opinión y agradecemos vuestras aportaciones sobre el tema y concretamente sobre el ejemplo que nosotras colgamos en nuestro blog.