miércoles, 16 de diciembre de 2009

Preguntas sobre os apuntes

1- Como podemos nós utilizar o CSS para a creación da nosa páxina web? É moi complicado? É realmente necesario?

2- Como podemos ver a linguaxe html dunha páxina?

3- En que formato é aconsellable colgar vídeos na web para que ocupen menos e non tarden moito en cargar? E as imaxes?

4- Existe un estilo determinado para cada tipo de páxina?

5- Non é mello unha estructura mixta para as páxinas web? Nela sempre sería a páxina principal. Mentres que nunha estructura de rede isto poderia non quedar claro.




(Perdón polo retraso)

EXPOSICIÓN SOBRE AS REDES SOCIAIS


A exposición sobre as redes sociais pareceunos moi interesante, xa que é un tema no que, sobre todo, a xente máis nova, empregamos a diario.
As diferenciación das páxinas foi moi clara e didáctica.
Chamounos moito a atención o aspecto da cor, que as tres redes sociais principais hoxe en día, teñan a mesma cor azul.
En relación á pregunta de que redes é a que empregamos máis cada unha ten a súa opinión, aínda que en xeral coincidimos.
1.Olaya Naveira

TUENTI
É máis ssimple.
Permite:
1.Expoñer fotografías.
2.Ten chat.
3. Na opción de mensaxes ten a posibilidade de que sexan públiocs ou privados.
4.Ten calendario...

FACEBOOK é máis complexa e véxoa máis útil a nivel internacional e eu persoalmente nese aspecto non me é necesaria.
É certo que inclúe xogos, pero non os considero necearios.
Eu utilizo as redes sociais para comunicarme có resto, para xogar xa teños outras páxinas.

2.Celia Parra

TUENTI
Ten unha interface máis amena e sinxela.
A súa privacidade parece estar máis conrolada.
As fotos son o principal, o cal resulta útil porque facilita o proceso de compartilas. Despois de ir de festa todo o mundo quere ver as fotos. En vez de ter que gravar un CD ou pasálas por pen, subílas ó tuenti é máis rápido e compartense con moitas persoas á vez.
É unha ferramenta incluso para quedar cós amigos.
É como un foro que chega a sustituír ó messenger.
O Facebook, por exemplo, non me gusta porque parece difícil de entender, te moitas aplicacións inútiles (xogos,chorradas) e non me parece útil. Semella impersonal.
Twitter non a coñezo.

3.Cristina López

TUENTI
A rede social que máis emprego é o TUENTI, xa que é moi doado, ten moio sentido nos seus enlaces.
Ten opcións moi claras, como por exemplo o chat en directo, que é coma un messenger pero dando outras opción que o outro no da; algunas poden ser ver vídeos ou ver fotografías o mesmo tempo que falas cos teus amigos.
É moi doado compartir imaxes, que por outra banda é moi que máis interesa a todos.
Ten opcións de mensaxes privados ou publicos e sempre te avisa.
O Facebook non o coñezo moito, pero coñezo xente que o ten é non me parece moi doado de entener.
O Hi5, o Twitter, o Fotolog...paréceme que están algo "desfasados", sobre todo o fotolog.
Por último dicir que en canto ás redes de contido dicir que eu emprego dúas unha de modelos, fotógrafos, maquilladores...a un nivel máis mundial, pouco coñecida, e outra temén a nivel máis mundial pero máis coñecida, o Flickr.

miércoles, 2 de diciembre de 2009

Exposición sobre calidade dos contidos web

Pola súa parte, a exposición sobre a calidade dos contidos web resultounos tamén de utilidade porque nos amosou a importancia dos seguintes aspectos:
1-A calidade
2-A cantidade
3-A funcionalidade
4-A fiabilidade
5-A necesaria unión entre forma e contido
6-O tempo de espera, a seguridade da páxina e a facilidade de navegación
7-Os distintos métodos e criterios de avaliación de calidade

E finalmente, só nos resta sinalar que, pese ó carácter quizais demasiado teórico da exposición, na que botamos en falta exemplos visuais, os últimos exemplos de webs foron MOI ilustrativos.

Exposición sobre o Logotipo

A exposición das nosas compañeiras sobre os logos e a identidade de marca resultounos moi interesante e amena á vez, o cal xa é un punto ó seu favor.

Destacamos os seguintes aspectos que trataron e que nos pareceron importantes:
1- Caso de Google: como pode variar un logo mantendo a súa identidade
2- Importancia da tipografía na creación dun logo, así como a relación entre tipografía e logotipo
3- Un logo debe identificar, diferenciar e comunicar
4- Tipos de logo: logotipo, isotipo, isologotipo
5- Criterios para a creación dun logotipo
6- Aspectos que un bo logo debe ter: lexible, reproducible, escalable, distinguible e memorable
7- Interesante entrevista coas Maruxas Creativas. Mais, quen son? de onde as sacaron? teñen páxina web?
8- Por último, temos que recoñecer que... o xogo era moi bonito!

Exposición sobre a Comunicación Visual

Benqueridos seguidores dos reloxos sen agullas:

En primeiro lugar queremos desculparnos pola nosa falta de puntualidade á hora de publicar as cuestións interesantes sobre as exposicións. O noso reloxo quedou parado nas tres en punto, co cal ficamos nun estado constante de agotamento post-clases e fame pre-comida. Ademais, unha das nosas agullas está ausente estes días, entón o minuteiro non nos funciona como debería.

Mais por fin logramos poñerlle pilas ó reloxo (e a nós mesmas, que boa falta nos facía) e aquí tedes o resultado da nosa posta ó día.

Segundo a exposición sobre a Comunicación Visual, puidemos extraer os seguintes consellos de axuda para a elaboración da nosa páxina web:

1. utilizar adecuadamente a cor tendo en conta o seu potencial significativo
2. intentar que os menús sexan fáciles de manexar
3. empregar signos, de calquer tipo, pode ser moi útil
4. hai que aspirar á unidade global da páxina web, todos os seus elementos teñen que ser coherentes entre si
5.facer un páxina sinxela pero elegante, xa que demasiados contidos agobian ó público

Queriamos destacar o "enxeñoso" e ilustrativo dalgúns exemplos (aínda que non gostamos dalgún en particular) e que resultou moi ampla, contemplando multitude de aspectos.

Máis nada, un saúdo horario!

viernes, 27 de noviembre de 2009

A Tipografía

Compañeiros e compañeiras que agardades ás horas en punto para consultar blogs, aquí tedes o froito do noso traballo tipográfico.Agardamos que vos sirva de axuda, e non só para formular as dúbidas, senón para todas aquelas situacións da nosa vida cotiá universitaria na que necesitedes manexar o poder da tipografía
A Tipografía

jueves, 5 de noviembre de 2009

IDEAS E OPCIÓNS POSTAS EN COMÚN

1- Páxina web persoal de tres artistas: pintora, escritora, fotógrafa
- contras: teriamos que facer moito traballo, porque non somos artistas profesionais e teriamos que inventar moitas cousas e incluso adoptar unha personalidade
- pros: dá bastante xogo, é artístico e creativo, controlamos os tres eidos, xa que cada unha de nós desempeña ese arte no seu tempo libre

2- Páxina de distribución dos produtos de Malandrina:
- contras: non ten suficiente material como para expoñelo, pode non ser lícito facer unha páxina dunha marca rexistrada e sen consentimento
- pros: axudaríase á difusión dos produtos dunha artesá que ten poucos medios para autopromocionarse, o que lle reportaría posibles compradores e por conseguinte un aumento das ventas

3- Axenda cultural:
- contras: resultaría aburrida, xa hai moitas páxinas asi en Santiago, é pesada de construír, e requeriría actualización constante
- pros: é algo interesante, funcional, serviría para estar ó día de actos culturais, e tería un papel de difusor da cultura

4- Web oficial dun grupo de música:
- contras: tendo en conta que hai varios exemplos con grupos de música do ano pasado, resultaría repetitivo
- pros: é creativo, sería de fácil construción porque hai apartados predefinidos e non habería que pensalos

5- Páxina de contactos de empresas:
- contras: é difícil de facer, dá pouco xogo, sería pouco creativo e demasiado serio, é un terreo que non controlamos
- pros: sería funcional cun bo diseño, ademais sería coma as Páginas Amarillas

6- Web oficial dunha produtora audiovisual:
- contras: habería que inventar demasiado, escribir moitos perfís legais, e controlar como se move unha produtora por dentro
- pros: é algo estreitamente relacionado co noso campo

7- Turismo sobre o Camiño de Santiago:
- contras: ó igual que axendas culturais, hai moitas e tería que ser completa e fielmente documentada e actual, esixiría estar todos os días pendiente
- pros: sería de especial actualidade tendo en conta a proximidade do Ano Xacobeo, moi útil como servicio para peregrinos e turistas

8- Web personal dun actor (Estevo Gonzàlez Azañón):
- contras: tendo en conta que é un compañeiro de clase, roubaríamoslle moito tempo libre, e ademais dependeríamos del. Por outra banda, non sabemos cales son as súas ideas para facer este mesmo proxecto. Ademais eles xa teñen a asociación de Mequetrefes.
- pros: dariamolo a coñecer, promocionaríamos as súas actuacións, poderiamos incluír un servizo de venda de entradas,

9- Páxina dun concurso de televisión:
- contras: sería moi complicado recrear un plató de televisión para facerlle as foto, inventar o programa enteiro, ademais dependeriamos constantemente das axudas da facultade.
- pros: sería divertido, diferente, orixinal, poderiamos utilizar ó resto de compañeiros como concursantes…








OPCIÓN ELIXIDA: Páxina web de tres artistas (pintora, escritora, fotógrafa)

PROCESO PREVIO DE BÚSQUEDA DE IDEAS

1. Obxectivos: difundir os proxectos de cada unha das artistas, as datas de exposición dos seus traballos, os eventos nos que participan e as últimas novidades da súa traxectoria artística. Ó mesmo tempo, mostrar un breve perfil para que poidan saberse datos de cada unha como persoa.

2. Ideas: A nosa idea é adoptar roles e inventar parte da nosa personalidade para que sexa algo divertido e ó tempo verosímil: de feito ten unha parte de real e outra parte ficcional. Por outra parte, pretendemos facer unha parodia das excentricidades dalgúns artistas profesionais.


3. Que podo facer: Colgar fotos de cada artista desempeñando o seu traballo, colgar vídeos de actos públicos nos que participasen, facer unha performance real na rúa e recoller o resultado e as impresións do público, grabar noticias, crear produtos con marca personal e grabar anuncios para promocionalos.

4. Público obxectivo: todo aquel interesado na arte e cultura, profesionais do sector (compradores de arte, comisarios de exposicións, críticos de arte, xerentes de galerías, editores) público de 16 anos en diante (que consideramos o que podería estar máis interesado en aspectos culturais coma este).

5. Estilo web: estilo coidado baseado na recreación de texturas con motivos florais e arabescos, fácil exploración e acceso ós contidos, deseño artístico.

viernes, 9 de octubre de 2009

Diseccionando webs

RADIOACTIVOS

- Deseño orixinal e acorde co nome e o contido, aínda que quedaría mellor un pouco máis grande por razóns de aproveitamento de espazo.

- Todos os botóns e funcións están moi integrados.

- Hai moita fluidez entre as páxinas de interese, o que facilita unha rápida navegación.

QUE TE QUERO

- O fondo marea, demasiado recargado e cores chillonas. Moi lisérxico.

- É moi de revista de adolescentes.

- Serve para pasar o tempo. É bastante amena.

- Semella non tratar o tema con rigor informativo.

TUTTIFRUTTI

- Deseño moi infantil.

- Escaso contido e repetitivo.

- Moi básica.

KEN AND THE DOLLS

- Moi traballada.

- A estética está de acordo co contido.

- Moi vistosa e entretida.

- As combinacións de cores están escollidas e tratadas ó milímetro, coida moito os pequenos detalles.

ZAPA

- Dende o punto de vista do deseño, presenta un acceso moi fácil e claro e rápido.

- A estética é clásica, emprega a típica combinación de cores en escala de grises, o que lle dá un toque sobrio e efectivo

ARTESALA

- Deseño coidado, orixinal e alternativo. Diferente, en definitiva.

- Moi traballada, ten unha estética global característica, propia.

- É moi dinámica.

MINIMALAB

- Deseño sobrio, minimalista e de aspecto moi profesional.

- Pero de escaso contido.

OITENTEIROS

- Moi infantil, coa estética pouco coidada.

- Está o contido moi disperso, sen demasiadas categorías e clasificacións.

AOLIMITE

- Caótica, incoherente. Non se sabe moi ben cal é o seu contido. Fala de moitos temas pero non se centra en ningún.

- Ten un deseño demasiado recargante e raro.

GUIONIZA

- Simple. Básica.

- Boa clasificación.

WONDERFUL 5

- Estética simple, recorda a unha mestura entre Kill Bill e La Abeja Maya (amarelo-negro)

jueves, 8 de octubre de 2009

¿Sabedes que...?

As Tres En Punto somos tres
As Tres En Punto somos dúas Marías versión ampliada
As Tres En Punto somos seis mans e unha cabeza pensante
As Tres En Punto é a hora na que as nosas tripas comezan a esixir algo máis que información
As Tres En Punto é o punto onde ides atopar toda esa información que vos interesa
As Tres En Punto son mil cousas nunha
As Tres En Punto somos NóS