AS TRES EN PUNTO, éticamente opinan que todo ten os seus límites, e no retoque fotográfico tamén. O malo é que para cada quen son diferentes.
Como ben dixeron os nosos compañeiros o retoque/montaxe fotográfico é tan vello como a fotografía mesma. Programas como photoshop o único que fan é mellorar as propiedades e facilitar o proceso de cambio( aínda que non sempre se lle dea este uso).
Hai certos aspectos como a modificación de luz, cor, enfoque...é dicir, características técnicas nas que a utilización deste tipo de programas nos parece correcta. Son modificación necesarias, que, en moitas ocasións serven para mellorar a estética da foto.
Fanse para conseguir efectos que na vida real non se poden lograr por varios motivos:
1. Non se poden lograr.
2.Non se saben facer ou como conseguir.
3. É máis doado facelo con photoshop, photoscape...
O problema está no momento en que ditas modificacións varían o contido ou as connotacións da imaxe.Por non dicir cando falsean por completo a realidade. Que enganen, que fagan creer o que non é. Iso é o que nos parece ilícito. Como dicía PATACA MINUTA "Tenemos derecho a saberlo".
Neste senso recordar a noticia que todos vimos este días sobre a falsa foto de Jose Luis Rodríguez, do lobo supostamente salvaxe. Neste caso non é retocada, pero si falseada. Gaña un concurso de animais salvaxes, cunha foto dun lobo domesticado.

Utilizar os programas de edición para facernos creer que as cousas son dunha forma cando non o son. É o mesmo.

