domingo, 18 de abril de 2010

Valoración das páxinas webs


FRIKISPORT: 6

Contido curioso, sempre fai gracia atopar algunha paxina así. Encántame a idea do xogo. Esteticamente falla a tipografía pero iso pasounos a maioría, debido as reducidas opcións do dreamweaver.

BANG: 9
Conta cunha estética simple e unha estrutura clara, o que facilita moito a navegación. Foi unha idea moi orixinal.

REVOLUCIONE: 8
Estaría ben que o vídeo inicial aparecese dentro da propia páxina como a presentación do apartado redes. A idea é orixinal. Funciona ben, os enlaces son claros.

MALDIA: 8.5
Paréceme moi simple pero no bo sentido da palabra, os propios creadores defenderon que este era o seu obxectivo, e realmente conseguírono. O contido é breve e conciso. Por problemas técnicos non puiden ver a sección multimedia, pero dicir que a idea dos menús despregables está moi ben. Ofrecen unha gran cantidade de formas de poder contactar con eles, e tamén unha guía para achegarse a outros grupos. Espero que lle axude a aumentar a súa axenda de concertos e o seu número de fans.

AS TRES EN PUNTO: 8
Ten un sistema de navegación moi claro e sinxelo. A base do seu contido son os textos de Celia, e as fotos das obras de Cris e as miñas, por iso nos centramos na súa presentación, obtando por un cargador de javascript, que por problemas técnicos está dando erros.

NEOTERISTAD: 9
A presentación fai reflexionar, e transmite curiosidade por entrar e saber máis, sen embargo, o internauta ten que buscar como entrar, porque non está claro cal é o botón que dá paso ao contido. Polo demais considero que está moi ben tecnicamente falando. Encántame a forma de presentar os spots, aporta boa estética e funcionalidade.

AS DE CORAZÓNS: 8
Conta cunha estética chamativa como debe ser unha páxina do corazón. Acorde por tanto co tema. Parodian todo este mundillo que invade a televisión en España. Creo que quedarían mellor os textos xustificados. Fai que pasemos un bo anaco.

MADRESELVA: 10
É das mellores páxinas que se presentaron. Unha vez máis triunfa a sinxeleza e a claridade. A estrutura esta moi ben definida. Quedou cun aspecto moi profesional.

CHITA FAN CLUB: 6
A barra do menú non quedou como moi recargante, quizais polo seu tamaño e pola súa cor. Non ofrece moita claridade. É orixinal a galería e as cabezas dos monos para pasar as fotos.

M. GESTEIRA: 8.5
Moi profesional e simple, que aporta unha primeira imaxe da empresa. Deste xeito xa podemos ver se nos interesan ou non os seus servizos.

DEPORTE NO ES SOLO FÚTBOL: 6
Paréceme unha idea moi orixinal, e por tanto moi curiosa. Non me gusta a estética da páxina, especialmente o fondo, porque satura a pantalla e distrae a atención do contido.

MEQUETREFES: 8
A páxina está determinada pola estética do grupo. Ofrece toda a información que se precisa. Técnicamente chaman a atención os menús despregables. En contrapartida creo que o texto da sección “que facemos?” queradaría moito mellor sen ter que utilizar as barras de movemento( aparte que estéticamente crean unha ruptura)

SE TE VA LA OLLA: 6
Estética moi adolescente (diso se trataba) pero sen chegar a molestar. Interesante a recopilación de test. E moi na liña do público ao que vai destinado.

MASTERCAV’S: 8
É unha páxina moi traballada, de estética chamativa pero que non chega a ser recargante. O único “pero” que lle poño a esta px sería pouca claridade no menú, é dicir, na estructuración da páxina. Non se sabe moi ben cales son as categorías que se nos ofrecen dende o principio. E non hai un botón que nos permita volver ao incio directamente.

SMDb: 8.5
Preséntase de forma moi profesional, non conta con ningún problema técnico e é clara.

Olaya Naveira Souto

10 comentarios:

  1. O fondo é un pouco caótico e por que non dicilo, feo. Tomamos nota

    ResponderEliminar
  2. AS BARRAS DE DESPRAZAMENTO E ALGO CO QUE DEIXAMOS DE LIDIAR CANDO VIMOS QUE ERA IMPOSIBLE METER TODA A INFORMACION RESPECTANDO A ESTETICA TRECTANGULAR ESENCIAL DA WEB. COMO NON A QUERIAMOS SACRIFICAR, DECIDIMOS INTRODUCILAS DEFINITIVAMENTE. O QUE SI DEBERIAMOS HABER COIDADO MAIS, QUIZAIS, SERIA O DESEÑO DAS MESMAS.
    UN SAUDO

    PATRICIA COUCHEIRO

    ResponderEliminar
  3. Muchas gracias a todos por la valoración de nuestra página. Si queréis leer las nuestras (SMDB) están en: http://blacklogia.blogia.com/

    ResponderEliminar
  4. creo que acertamos en certo modo co público e coa estética, os links xa funcionan todos

    un saudo sandra

    ResponderEliminar
  5. Grazas por facer o esforzo de visualizar e valorar os traballos de todos e, tamén, o voso. nalgún caso, obviamos o esquema plantexado, pero foi un mal de bastantes.
    grazas
    marotlo

    ResponderEliminar
  6. Grazas por participar, obrigatoriamente. Traballastades. As gotas de suor aínda se ven en zonas da AI6. Non sei si Fran se sintirá moi representado, pero houbo entusiasmo e ganas de facer cousas. Eso sí, uns máis ca outros (perdón polo galego). É algo que sabedes perfectamente, pero foi, en xeral, unha promoción boa, ó igual que os vosos compañeiros do curso anterior. Así que estivo ben mentres durou. Felicidades a todos e todas e agardo ver os vosos nomes, nun futuro non moi lonxano, entre oropeis de fama e de cartos.
    Agora o lado práctico. Como pechades unha etapa, admitín a trámite as vosas valoracións, así que a nota é a que vos decidistesdes co esforzo de revisar e avaliar cada web.
    Sumei todas as notas por proxecto e dividin por 43, número total de persoas implicadas no proceso.
    Polo tanto, a nota de Frikisports é 8,1.
    marotlo

    ResponderEliminar
  7. Perdón por non apuntar horario de revisión:
    - hoxe martes, de 18:00-20:30
    - xoves e venres de 12:30 a 14:00
    -- As notas, por suposto, son provisionais, xa que faltaba o tempo da revisión.
    -- Hai 2 equipos, Madreselva e Mequetrefes que van ter máis nota porque entregaron o manual de estilo.
    -- Falta a valoración das bitácoras que se incorporará á parte teórica
    marotlo

    ResponderEliminar
  8. Deseño: Ben traballado. Todas as páxinas identificadas. Hai identidade estilística cunha imaxe de característica barroca pero sen caer na estridencia. Estaría ben que as fotografías ou a serie de fotografías estiveran identificadas por un título… Cada bloque requeriría unha identificación, un título ou un cambio nos botóns para saber onde se está.
    Funcionalidade: Correcta, pero con algún problemilla como que a navegación entre os poemas non é funcional. O percorrido é obrigatorio, non se pode elexir e tampouco podo, se non quero seguir lendo un dos poemas, ir a outro porque non aparece un menú de navegación axeitado, presentando todas as opcións. Tamén perdo a referencia de como se chama o poema no que estou. Non hai nada que me indique que estou no bloque de poesía. Se entro no berce, xa non teño autonomía para ir a outro poema. O relato non ten nome, non ten título...
    En reportaxe pasa o mesmo que en poesía, non teño posibilidade de elexir e perdo a identificación da reportaxe. En ningún dos Contactos se ve a imaxe
    Contido : bastante e propio
    Organización: sinxela. ¿Por qué en inicio aparece portafolio con enlace que abarca só a Celia? Algúns cadros non se ven
    estupendo traballo
    marotlo

    ResponderEliminar
  9. As notas definitivas inclúen
    Proxectos e axustes
    Manual estilo: 0,4
    Blogs (relación entre número de entradas, participación noutros blogs e resumos exposicións): 0,3, 0,4 ou 0,5
    Traballos teóricos e exposicións: 0,3 ou 0,5
    marotlo

    ResponderEliminar
  10. Temas que entran no exame (deixados na carpeta de traballo e sobre os que tiveron que realizar consultas nos blogs):
    cadrorecursosmultimedia; colorweb; consejosbuendiseno; deseno_web_xeral; evolucion_web2_0; facilidaduso-variantes_web; fasesproxecto; Guia_Breve_CSS; Guias_estilo; imaxes_web; origenes_animacion; tags_audiencias; tema2_proceso_traballo; tema4.linguaxes; tipografia_web; mapa_Web_2_0.
    marotlo

    ResponderEliminar