Benqueridos seguidores dos reloxos sen agullas:
En primeiro lugar queremos desculparnos pola nosa falta de puntualidade á hora de publicar as cuestións interesantes sobre as exposicións. O noso reloxo quedou parado nas tres en punto, co cal ficamos nun estado constante de agotamento post-clases e fame pre-comida. Ademais, unha das nosas agullas está ausente estes días, entón o minuteiro non nos funciona como debería.
Mais por fin logramos poñerlle pilas ó reloxo (e a nós mesmas, que boa falta nos facía) e aquí tedes o resultado da nosa posta ó día.
Segundo a exposición sobre a Comunicación Visual, puidemos extraer os seguintes consellos de axuda para a elaboración da nosa páxina web:
1. utilizar adecuadamente a cor tendo en conta o seu potencial significativo
2. intentar que os menús sexan fáciles de manexar
3. empregar signos, de calquer tipo, pode ser moi útil
4. hai que aspirar á unidade global da páxina web, todos os seus elementos teñen que ser coherentes entre si
5.facer un páxina sinxela pero elegante, xa que demasiados contidos agobian ó público
Queriamos destacar o "enxeñoso" e ilustrativo dalgúns exemplos (aínda que non gostamos dalgún en particular) e que resultou moi ampla, contemplando multitude de aspectos.
Máis nada, un saúdo horario!
Comentarios de webs de CAV's
Hace 14 años
Grazas polas conclusións. Agardo que sirvan de orientación esa ideas entresacadas da exposición. Estaría moito mellor se os compañeiros que falaron diso tamén deixaran a súa opinión sobre os aspectos que vos chamaron a atención.
ResponderEliminarmarotlo
A teoría estivo ben explicada e as ilustracións fomentaron o interese dos espectadores
ResponderEliminar